CICLO SUPERIOR EN TÉCNICO SUPERIOR EN DOCUMENTACIÓN Y ADMINISTRACIÓN SANITARIAS
Fórmate para ser Técnico Superior en Documentación y Administración Sanitarias
Aprende
- A xestión de pacientes no medio hospitalario
- O vocabulario especializado en clínicas e patoloxías
- As aplicacións informáticas necesarias
- A administración dos datos
- A actividade documental
Descubre
- O teu talento grazas ás titorías individualizadas
- A ética profesional
- As habilidades necesarias
- Os beneficios da orientación profesional
- Novas entornas nas viaxes técnicas
Practica
- Nas empresas cós períodos de formación
- Ó carón de grandes profesionais do sector
- Idiomas
- En obradoiros específicos
- Proxecto integrado titorizado
Canto tempo dura o ciclo?
2000 horas – 2 cursos. É un título LOE.
Que estudarei?
- Xestión de pacientes.
- Terminoloxía clínica e patoloxía.
- Extracción de diagnósticos e procedementos.
- Arquivo e documentación sanitarios.
- Sistemas de información e clasificación sanitarios.
- Ofimática e proceso da información.
- Codificación sanitaria.
- Atención psicosocial ao paciente-usuario.
- Validación e explotación de datos.
- Xestión administrativa sanitaria.
- Proxecto de documentación e administración sanitarias.
- Formación e orientación laboral.
- Empresa e iniciativa emprendedora.
- Formación en centros de traballo
Como se aplica a metodoloxía da alternancia neste ciclo?
Contarás con grandes profesionais na aula e recibirás un seguimento personalizado dende o momento que te encontres entre nós a través das titorías individuais.
Ten en conta que o noso proxecto educativo incorpora a realidade na túa formación a través de tertulias e actividades técnicas con profesionais, así como visitas a distintas empresas e puntos de interese do sector. Para isto contamos con multitude de acordos de colaboración con grandes profesionais, como:
(LOGOS EMPRESAS)
Que podo facer ó terminar?
Poderás traballar como:
- Técnica / técnico superior en documentación sanitaria.
- Responsable técnica / técnico de codificación de documentación sanitaria.
- Responsable técnica / técnico de arquivos de historias clínicas.
- Responsable técnica / técnico de tratamento e deseño documental sanitario.
- Responsable técnica / técnico de sistemas de información asistencial sanitaria.
- Responsable técnica / técnico de avaliación e control de calidade da prestación sanitaria.
- Responsable técnica / técnico de xestión de procesos administrativo-clínicos.
- Responsable de administración de unidades, departamento ou centros sanitarios.
- Asistente de equipos de investigación biomédica.
- Secretaria / secretario de servizos sanitarios.
Ou seguir estudando:
- Cursos de especialización profesional
- Outro ciclo de Formación Profesional coa la posibilidade de establecer convalidacións de módulos profesionais de acordo á normativa vixente.
- Preparación das Probas de Avaliación de Bacharalato (únicamente as materias de opción do bloque das troncais)
- Ensinanzas Universitarias con posibilidade de establecer convalidacións de acordo coa normativa vixente
Como podo acceder?
De dúas maneiras. Por acceso directo si reúnes algunha das seguintes condicións:
- Estar en posesión do Título de Bacharalato, ou dun certificado acreditativo da superación de todas as materias do Bacharalato, tendo preferencia aqueles que cursaran a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais e a modalidade de Ciencias e Tecnoloxía.
- Haber superado o segundo curso de calquera modalidade de Bacharalato experimental.
- Estar en posesión dun Título de Técnico (Formación Profesional de Grado Medio).
- Estar en posesión dun Título de Técnico Superior, Técnico Especialista ou equivalente a efectos académicos.
- Haber superado 3º de BUP (Bacharalato Unificado Polivalente).
- Haber superado o Curso de Orientación Universitaria (COU).
- Estar en posesión de calquera Titulación Universitaria ou equivalente.
Ou acceso mediante proba para aqueles que non cumpran algún dos anteriores requisitos
- Haber superado a proba de acceso a ciclos formativos de grado superior (requírese ter polo menos 19 años no ano que se realiza a proba ou 18 para quen posúa o título de Técnico).
- Haber superado a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 años.
