CICLO SUPERIOR EN EDUCACIÓN INFANTIL
Fórmate para ser Técnico Superior en educación infantil
Aprende
- Pautas educativas
- Psicomotricidades
- Primeiros auxilios
- Novas metodoloxías pedagóxicas
- As didácticas no desenvolvemento infantil
Descubre
- O teu talento grazas ás titorías individualizadas
- A ética profesional
- As habilidades necesarias
- Os beneficios da orientación profesional
- A túa profesión como vocación de servizo
Practica
- Nas empresas cós períodos de formación
- Na nosa aula taller
- Ó carón de grandes profesionais do sector
- En obradoiros específicos
- Proxecto integrado titorizado
Canto tempo dura o ciclo?
2000 horas – 2 cursos. É un título LOE.
Que estudarei?
- Didáctica da educación infantil.
- Autonomía persoal e saúde infantil.
- O xogo infantil e a súa metodoloxía.
- Expresión e comunicación.
- Desenvolvemento cognitivo e motor.
- Desenvolvemento socio afectivo.
- Habilidades sociais.
- Intervención con familias e atención a menores en risco social.
- Proxecto de atención á infancia.
- Primeiros auxilios.
- Formación e orientación laboral.
- Empresa e iniciativa emprendedora.
- Formación en centros de traballo.
Como se aplica a metodoloxía da alternancia neste ciclo?
Contarás con grandes profesionais na aula e recibirás un seguimento personalizado dende o momento que te encontres entre nós a través das titorías individuais.
Ten en conta que o noso proxecto educativo incorpora a realidade na túa formación a través de tertulias e actividades técnicas con profesionais, así como visitas a distintas empresas e puntos de interese do sector. Para isto contamos con multitude de acordos de colaboración con grandes profesionais, como:
(LOGOS EMPRESAS)
Que podo facer ó terminar?
Poderás traballar como:
- Educador / educadora infantil en primeiro ciclo de educación infantil.
- Educador / educadora en institucións e/ou en programas específicos de traballo con menores (0-6 anos) en situación de risco social, ou en medios de apoio familiar.
- Educador / educadora en programas ou actividades de ocio e tempo libre infantil con menores de 0 a 6 años: ludotecas, casas da cultura, bibliotecas, centros educativos, centros de ocio, granxas escola, etc.
No sector da educación formal e non formal e no sector dos servizos sociais de atención á infancia.
Ou seguir estudando:
- Cursos de especialización profesional
- Outro ciclo de Formación Profesional coa la posibilidade de establecer convalidacións de módulos profesionais de acordo á normativa vixente.
- Preparación das Probas de Avaliación de Bacharalato (únicamente as materias de opción do bloque das troncais)
- Ensinanzas Universitarias con posibilidade de establecer convalidacións de acordo coa normativa vixente
Como podo acceder?
De dúas maneiras. Por acceso directo si reúnes algunha das seguintes condicións:
- Estar en posesión do Título de Bacharalato, ou dun certificado acreditativo da superación de todas as materias do Bacharalato, tendo preferencia aqueles que cursaran a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.
- Haber superado o segundo curso de calquera modalidade de Bacharalato experimental.
- Estar en posesión dun Título de Técnico (Formación Profesional de Grado Medio).
- Estar en posesión dun Título de Técnico Superior, Técnico Especialista ou equivalente a efectos académicos.
- Haber superado 3º de BUP (Bacharalato Unificado Polivalente).
- Haber superado o Curso de Orientación Universitaria (COU).
- Estar en posesión de calquera Titulación Universitaria ou equivalente.
Ou acceso mediante proba para aqueles que non cumpran algún dos anteriores requisitos
- Haber superado a proba de acceso a ciclos formativos de grado superior (requírese ter polo menos 19 años no ano que se realiza a proba ou 18 para quen posúa o título de Técnico).
- Haber superado a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 años.
