Entradas

Fran Cañotas tamén participou no programa de formación de Piñeiral

Formación profesional en tempos de confinamento

 

O 14 de Marzo comezou a nosa aventura da tele-formación na EFA Piñeiral a causa do confinamento polo COVID-19.

O profesorado veuse nunha situación nunca vista, xa que tiñan que impartir as clases dende a casa dunha maneira ou outra. Ao principio, como non sabíamos o tempo que íamos a estar confinados posto que as noticias dicían que só ían ser unhas semanas, o plantexamento do curso foi o seguinte:

Mantivemos o noso horario de clase habitual, realizando tarefas que cada docente nos asignaba.  De cada materia que tocase ese día mandábannos un traballo para facer nese mesmo día ou nesa semana, dependendo de cómo fose a tarefa.

Teleformación en Piñeiral 

Debido á carga de traballo que tiña o alumnado, e vendo que non só ían a ser unhas semanas, cambiouse a metodoloxía de formación e así comezou a tele-formación Piñeiral. O horario seguíase mantendo, o que cambiaría sería a maneira de impartir as clases. Estas clases ían ser online, a través dunhas plataformas que permiten facer videochamadas grupais para poder explicar a materia e os traballos a desenvolver. Esta metodoloxía converteuse en indispensable, xa que permite coñecer ou aprender con explicacións moi necesarias. Nas semanas previas os alumnos realizábamos tarefas que non chegábamos a comprender na súa totalidade, dada á ausencia de contacto co profesorado comparado que que tíñamos antes do confinamento.

 

Proxecto educativo Piñeiral e confinamento  

A maiores das clases virtuais co noso profesorado, tivemos unha acción formativa lingüística en inglés, enmarcada dentro do programa Piñeiral +, que consistía en dinámicas de grupo para mellorar as nosas competencias orais en inglés.  Estas clases chámanse `coffee break´ e celebrábamolas durante o recreo dúas veces por semana. Tamén tiñamos clases de inglés de reforzo os mércores pola tarde, impartida pola propia profesora de inglés, a diferenza do `coffee break´ que estaba impartido pola titora da clase.

 

O confinamento non supuxo un parón no proxecto educativo de Piñeiral. A través de plataformas virtuais seguimos beneficiándonos do contacto e coñecemento de empresas e profesionais, como:

      Tertulia técnica con Isabel Villanueva, de Lovely by Isabelle

       Directo en Instagram con Fran Cañotas.

       Directo en Instagram con Fátima Pego.

        Tertulia Técnica de Ariel Mendizabal, de  Confitería Doriel.

      Tertulia técnica de Catering Valenciaga

 

Tertulias tecnicas Piñeiral confinamiento

Ana Ayude e Ariel Mendizábal, profesionais que compartiron o seu bo facer co alumnado da Efa Piñeiral.

 

Tamén asistimos a encontros profesionais; intercambios de experiencias coa participación de empresarios e profesionais. Como o Encontro profesional do comercio e do marketing; coa participación de:

      Sportec Ordes

      Leroy Merlin

      Galacteum 

Fran Cañotas tamén participou no programa de formación de Piñeiral

Profesionais de distintos eidos e profesorado de Piñeiral en diferentes accións da teleformación Piñeiral

Nesta mesa de experiencias aprendimos a importancia da formación continua, a valía da formación de Piñeiral como trampolín á universidade e a importancia da formación dixital.

Outro encontro profesional foi o protagonizado por empresarios e emprendedores do sector da panadaría, repostaria e confeitaría;

 

Coñecemos das súas dificultades á hora de emprender, e do cada vez máis  importante papel que xoga a comunicación e o márketing nos seus negocios.

Para rematar o curso conectamos con Betanzos , para realizar unha tertulia técnica con Gadisa, na que unha responsable do departamento de marketing da empresa, commentounos a estratexía » Vivamos como galegos» e as accións promocionais que están  levar a cabo dentro do marketing da cadena de supermercados galega. 

A combinación da tele-formación e das clases presencias chegou para quedarse.

Clases e coronavirus, a “combinación perfecta”

O verán de 2020 foi o comezo da combinación perfecta entre as clases e a Covid – 19. A teleformación dou paso ás clases presenciais co comezo do novo curso, un tanto singular. 

Ao proxecto educativo da EFA Piñeiral, súmase, durante este novo ano, o protocolo Covid, que forma parte do noso día a día. O uso da máscara, a distancia social, a hixiene de mans… son algúns dos novosestilos de vida” dentro da nosa formación profesional. Cada unha destas medidas está pensada para protexer tanto a alumnos, familias como a persoal docente e non docente para loitar contra este inimigo común.

Durante as primeiras semanas, da xa tan coñecida “nova normalidade”, comezamos co segundo ano da nosa formación no ciclo de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais. Pero non só volveron as clases, tamén volveron as risas, as conversas sobre o noso verán máis atípico que nunca , os novos compañeiros,  os reencontros… Volveu a vida a esta gran familia que é a EFA Piñeiral, claro está, cumprindo sempre coas medidas de seguridade,  que temos que ter sempre presente para evitar repuntas e loitar contra a Covid – 19. A nova normalidade cambiou a forma de actuar, pero non as ganas de vivir, aprender e desfrutar durante a nosa estancia en Piñeiral.

O proxecto educativo segue o seu ritmo, con aprendizaxe, con exames, con tertulias técnicas, con contacto permanente con profesionais, ensinándonos que sempre nos temos que erger, que nunca nos rendamos, e así,  os ciclos formativos proseguen a súa actividade sen que ningún obstáculo no camiño poida paralos.

 

Post redactado polo alumnado do segundo curso do Ciclo de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais. 

INICIAMOS CURSO 2020/2021

23 e 24 de Setembro, datas de regreso ás aulas. Tras un último trimestre de curso atípico, estábamos tod@s desexosos de voltar a   atoparnos na Efa Piñeiral. 🙋‍♀️🙋‍♂️

A pasada semana tivo lugar o inicio de clases para os primeiros e segundos cursos dos ciclos formativos da Efa Piñeiral. Alumnas e alumnos dos segundos cursos dos ciclos de panadaría, repostaría e confeitaría, comercio e márketing e coidados auxiliares de enfermería  voltaron ás aulas tralo parón do verán, namentras moitos  dos compañeiros de primeiros cursos incorporábanse ó centro por primeira vez.

Inicio curso Efa Piñeiral

Inicio curso Efa Piñeiral

Ó inicio das clases precederon semanas de traballo para a elaboración do Protocolo Covid Piñeiral, xornadas nas que se doutou do  equipamento preciso ás aulas, e nas que se traballou para que a distancia, a ventilación, os fluxos de circulación, e a sinalización cumpran coas máximas garantías de seguridade.

Ademáis,o equipo docente asistiu a unha xornada de formación do programa  Entornos Educativos Seguros organizados por la CECE, impartida por  María Botana (técnico en prevención de riscos laborais).  Esta acción formativa tratou sobre os principios básicos da prevención, hixiene e promoción da saúde en centros educativos frente á Covid -19.

Inicio curso Efa Piñeiral

Medidas Protocolo Covid  previas ó  inicio curso na  Efa Piñeiral

O centro velará por un  riguroso cumprimento  do Protocolo Covid para garantir que as normas de seguridade e hixiene se cumprar en todo momento. Sabemos que podemos contar co apoio e responsabilidade de cada un dos  membros da comunidade educativa; das  nais,e dos pais, das  alumnas e dos alumnos, do persoal docente e non docente. E a todos eles queremos agradecer a sía colaboración e empatía.

Non vai ser un curso normal, seguirá estando moi marcado pola pandemia do Covid19, a nosa directora, Ana Saavedra, así o fixo saber nas presentacións de inicio de curso, flexibilidade, será a palabra e a actitude que impere neste curso académico.

Desexarvos a todos un moi bo curso e un feliz regreso ás aulas! 😀

 

        Medidas Protocolo Covid  no inicio de curso na  Efa Piñeiral